Uns días antes de irnos de vacacións de Semana Santa recibimos unha agradable sorpresa! Un sobre grande chegaba dende o Instituto Cultural de Mexico ao noso cole para os nenos e nenas de tres anos que están a traballar sobre este país.
Rapidamante nos dispuxemos a ver que sorpresas había dentro e abrímolo con moita ilusión! Mirade cantas cousas nos enviaron!
Moitísima información! Guías turísticas, mapas, folletos, tarxetas, lápices... estamos encantados coa resposta do Instituto Cultural de Mexico. Imos aprender moito sobre este país tan bonito!!
Ademais foron tan amables que ata por correo nos enviaron varios arquivos con información moi interesante. Para os que tamén queirades aprender cousas novas e curiosas de Mexico, deixámosvos algún exemplo.