Os nenos e nenas de tres anos aprenderon que a flor nacional do país no que están a investigar, Mexico, é a dalia. E aproveitando que temos a sorte de ter unha estupenda horta no noso cole, baixaron con Elia, a coordinadora da horta escolar a sementar dalias, unhas fermosas e coloridas flores que soen florerecer no verán e durar ata entrado o outono. Nas seguintes fotos podedes ver todo o proceso.









