martes, 18 de abril de 2023

Día do Libro 2023


Dende o equipo de Biblioteca propoñemos a seguinte actividade con motivo da celebración do Día do Libro  para todo aquel que queira participar. Queremos facer entre todos un "Diario de Viaxe 2022- 2023". Para elo haberá que facer unha montaxe onde aparezades lendo un libro que vos guste nalgún lugar do país que esteades traballando este ano. Podedes aparecer sós ou con alguén da familia ou compañeiro/a. Logo insertades un texto no que escribades algo a modo de diario relacionado coa fotografía (lembrade que sexa en galego). Colocade ese cadro onde vos guste. A montaxe pode ser máis realista ou máis disparatada (por exemplo alguén pode estar lendo enriba da Torre Eiffel). As opcións son infinitas! Todas as imaxes que recibamos publicarémolas no blog. Enviade a imaxe final (mellor se é formato JPG) a este correo:

bibliotecaseixalbo@gmail.com

O neno/a que o prefira pode traer a idea pensada e axudarémoslle a facela nos recreos na biblioteca.

O prazo remata o 30 de abril

Deixámosvos algunhas ideas para que vexades a idea que se propón. E tamén vos deixamos unha pequena guía por se a alguén lle resulta útil para facer a montaxe.