O 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e para conmemoralo realizaremos as seguintes actividades. Dende hai algunhas semanas todos os nenos do cole aprenderon na clase de música a canción "Rosalía" do grupo Viravai que se o tempo o permite a bailarán todos xuntos no patio. Tamén nos sumamos á iniciativa da fundación de Rosalía de Castro que propoñen a actividade "Un caldo de gloria". O 23 de febreiro no menú do comedor está programado un rico caldo e ademais as mesas estarán vestidas cos salvamanteis que solicitamos á asociación e que xa están no centro. Os alumnos de terceiro están a traballar o poema "Miña casiña meu lar" que inspirou a actividade "Un caldo de gloria" co que realizarán un vídeo que vos deixaremos aquí para que o vexades. Tamén vos deixámos o vídeo da canción "Rosalía" do grupo Viravai cos debuxos que fixo o alumnado. Pola súa banda o equipo de Dinamización da Lingua teñen preparado un marcapáxinas conmemorativo desta data para todos.
Páxinas
- Inicio
- PDI 22-23 "Recordos na maleta"
- PDI 23-24 "Tic Tac... animais desaparecendo"
- Curso 21-22
- Curso 22-23
- Curso 23-24
- Día da Biblioteca
- Día da Muller
- Día da Poesía
- Día do libro
- Club de Lectura Leoclub
- Samaín
- Nadal
- Formación de usuarios
- Biblioteca Familias
- Lecturas Plan Lector 23-24
- As nosas coleccións
- Plan anual de lectura
- Solicitude de fondos