O mércores 11 de xaneiro tivo lugar o terceiro encontro do LeoClub do grupo de terceiro e cuarto na biblioteca. Nesta reunión xa todos traían rematado o último libro que acordaron ler: "El Superzorro" de Roald Dalh do que falaron un bo anaco. A continuación entre todos acordaron o seguinte título e desta vez tocoulle a Ledicia Costas de novo co título "Vampira de biblioteca" que xa leran os seus compañeiros e do que tan ben lles falaron. De seguro que neste grupo tamén vai ser un éxito! Por certo, temos un membro máis no grupo que se animou a formar parte desta linda aventura como é a lectura. Estamos encantados de que esta familia medre!. Na seguinte presentación podedes ver algunhas fotos da sesión.