Esta semana puxemos en marcha as mochilas e bolsas viaxeiras en todas as aulas de infantil e primaria. En infantil, primeiro e segundo levaron as mochilas, mentres que as bolsas destináronse para as clases de terceiro a sexto. Dentro ían cheas de diferentes materiais: lecturas en galego, castelán e inglés, revistas, cómics, poesías, un título para familias e un xogo de mesa. Tamén se inclúe un caderno no que os usuarios (tanto alumnos como familias) que o desexen poidan deixar unha reflexión ou suxestión acerca da experiencia, a través de debuxos, textos, fotografías, etc... Todos os luns farase o intercambio para que todos a poidades desfrutar. Esperamos que sexa do voso agrado e que pasedes momentos moi agradables en familia. Na seguinte presentación podedes ver algunhas fotiños.