Este venres 10 de novembro no Ceip de Seixalbo celebramos o magosto por todo o alto. Primeiro fixemos unha camiñata polo monte dos arredores do noso cole e ao chegar xa nos estaba esperando unha fogueira con castañas ben asadiñas das que demos boa conta. Xa para rematar e facer unha boa dixestión bailamos e cantamos con paco Nogueiras que tamén nos levou de viaxe co seu disco Brinca Vai! Aquí podedes ver algunhas fotos da xornada.