luns, 24 de outubro de 2022

Día da Biblioteca. Presentación do PDI "Recordos na maleta"

     Hoxe 24 de outubro foi un día moi especial para todos nós. Celebramos o Día das Bibliotecas cun acto conxunto no salón de actos. Esta é a primeira celebración que facemos todos xuntos este curso, e con ela póñense en marcha moitas actividades como a apertura da biblioteca nos recreos, os tres clubs de lectura ou a investigación que cada clase vai realizar sobre un país para axudar a Leo, a nosa mascota da biblioteca,  a recordar todo o que esqueceu nas vacacións de verán por culpa dun accidente que tivo ao voltar e caerlle un libro dun andel na cabeza , o que lle provocou amnesia.

Para celebrar este Día da Biblioteca, cada clase presentou ao resto de compañeiros o país sobre o que vai investigar. A verdade é que foi unha hora e media moi entretida na que xa aprendemos moitas cousas. Houbo de todo: música, adiviñas, lendas, curiosidades, etc...

Tamén no taboleiro da entrada á biblioteca están expostas  fotografías das diferentes bibliotecas dos países que estamos a traballar que se buscaron nas diferentes aulas.

Na entrada ao salón de actos estaban expostos os libros e xogos sobre os países que van estar na biblioteca e que nos van servir para aprender moitas cousas.



O acto o presentaron Laura e Lisardo de Sexto. Moitas grazas rapaces. Fixéstelo xenial!!!


Os nenos de 4º de Infantil contáronnos que van  aprender cousas sobre Mexico cunha música mexicana moi pegadiza.
Os nenos e nenas de 5º de Infantil investigarán sobre Brasil e para anunciárnolo a todos contáronnos unha bonita lenda tradicional dese país. 


En 6º de Infantil están traballando sobre Italia, polo que prepararon unha rica pizza ao ritmo dunha tarantela. E como xa son moi expertos atrevéronse cunha canción en italiano!



Exipto foi o elixido polos nenos de primeiro para viaxar. Para presentalo cantaron unha canción e contáronnos cousas que xa foron aprendendo.

Os nenos de 2º presentáronnos o seu paíse elixido, Países Baixos, contándonos cousas moi interesantes.

Chegamos a terceiro de primaria que este ano aprenderán cousas de Francia polo que ao ritmo da Marsellesa contáronnos cousas sobre ese país e retáronnos a acertar unhas adiviñas.

Reino Unido foi o destino elixido polos nenos e nenas de 4º de primaria que fixeron a seguinte presentación do seu país:

Os nenos de 5º de primaria contáronnos moitísimas cousas de Australia. Aquí está a súa presentación...


E fáltanos un exótico país como é Xapón que nos presentaron os nenos e nenas de sexto de primaria.


Os cursos de 1º, 2º e 3º de primaria nas súas clases de inglés tamén van a ivestigar e aprender cousiñas sobre Estados Unidos. Aquí está a súa presentación.