mércores, 26 de outubro de 2022

Club de lectura en marcha!

 Hoxe por fin tivo lugar a primeira reunión do club de lectura que se forma por primeira vez no noso cole. Este club está formado por tres grupos, xa que houbo moitos nenos que quixeron beneficiarse desta experiencia que estamos seguros que será moi positiva e proveitosa. Ao ser o primeiro día xuntámonos todos para facer unha presentación e escoller os primeiros libros que imos ler. O grupo de 3º e 4º escolleu "Conexión macarrón" de Ledicia Costas. O grupo de 5º "Escarlatina, a cociñeira defunta"  de Ledicia Costas, e o grupo de 6º decantáronse por outro de Ledicia Costas titulado "Vampira de biblioteca". Houbo agasallos de benvida para todos e marchamos cun doce sabor de boca polo ratiño tan agradable que pasamos que nos soubo a moi poco!