Despois de semanas traballando nos disfraces ao tempo que obedecíamos os mandadiños do meco e Leo visitaba as nosas aulas, por fin chegou o gran día! E así este ano o entroido xirou en torno ao noso proxecto "Alucinando cores", polo que cada curso elixiu un artista, xa que son os que mellor manexan as cores e con elas crean aunténticas obras de arte. Unha vez elixido o artista, puxémonos mans á obra e creamos auténticas marabillas. Fixádevos que disfraces tan orixinais! e como non podía ser doutra forma percorremos a localidade de Seixalbo nun desfile amenizado coa música da charanga BREXIT. Familas e veciños acompañáronnos neste día tan especial e colorido.
AQUÍ TODAS AS FOTOS DO ENTROIDO
| Ata Leo,a nosa mascota se sumou á festa! |
| Frida Khalo |
| Modrian |
| Os Xirasoles de Van Gogh |
| As Meninas de Velázquez |
| Os pintores de Infantil |
| Roy Lichtenstein |
| "O ouro do azul" de Miró |