Xuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

mércores, 16 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

Un ano máis a biblioteca lanza a todo o cole unha actividade en conxunto para celebrar o día da Paz.  Seguindo co proxecto "ALUCINANDO CORES" proponse traballar o conto titulado "Érase un carameliño sen cor e sen sabor" no que se destacan valores como a empatía, amizade. solidariedade, etc...  Despois de ver nun vídeo no que alumnos de quinto e sexto dan lectura  ao comezo do conto, cada clase inventará e ilustrará un final. Tamén se decorará unha lambetada por aula na que pegaremos o final inventado e que formará parte dun gran mural. Debaixo podedes ver todo o traballo realizado en fotos e tamén o vídeo cos diferentes finais inventados por cada aula e grabados polos nenos e nenas participantes noconto. Quedou precioso!

Precioso o mural que fixemos entre todos!


Por suposto non podía faltar a exposición con libros relacionados coa Paz para que quen os precisase os tivese a man!