martes, 30 de maio de 2023

Exposición preparada

Xa temos a exposición do noso PDI preparada para que a poidades visitar. Non a perdades porque merece a pena!

domingo, 28 de maio de 2023

Novo proxecto de scratch rematado

 O alumnado de 5º estivo a preparar na materia de música un pequeno proxecto sobre a música en Australia que é o país que están a traballar dentro do PDI "Recordos na maleta". Para realizalo buscaron información sobre diferentes aspectos da música australiana: música actual, música tradicional, instrumentos como o didgeridoo, a bramadera etc.., as danzas aborixes... e a continuación programaron con scratch para facer un pequeno panel interactivo, de tal xeito que ao tocar nos puntos de información, se escoitan os audios ou sons. A continuación podedes ver algunhas fotos e o vídeo co proceso e o resultado. 





mércores, 24 de maio de 2023

Proximamente... Exposición do PDI!

O curso comeza a chegar ao seu fin e nós este ano tiñamos unha misión moi importante: axudar a Leo a recuperar a súa memoria despois do accidente que tivo ao voltar das súas vacacións de verán. Pois ben! Ao longo do curso cada clase foi traballando sobre diferentes aspectos do país que lle tocou investigar e agora queremos compartir con toda a comunidade educativa os nosos traballos. Para elo faremos un exposición a vindeira semana en Seixalbo nos locais da Asociación Cultural San Breixo e Agromadas (aos que agradecemos a súa desinteresada colaboración en todo momento) que poderedes visitar dende o mércores 31 de maio ao domingo 4 de xuño en horario de 19:30 a 21:00 horas, agás o domingo que será de 12:00 a 14:00 horas. Agardamos que todos encontredes un oco para visitala e que vos guste moito. Aquí deixamos o cartel anunciador da mesma. Esperámosvos a todos e todas!!

domingo, 21 de maio de 2023

Menú Especial: Reino Unido

 Este pasado venres 19 de maio tivemos outro meú especial. Desta vez tocoulle a Reino Unido. O persoal de cociña deleitounos cun tradicional menú inglés formado por "Fish and chips" e de sobremesa "Brownie". Grazas a todos e todas unha vez máis pola vosa implicación. Aquí vos deixamos o cartel anunciador e algunha foto.






Nova receita italiana: Tiramisú

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, volveron poñer os gorros de chefs para elaborar a última receita italiana do curso. Desta vez fixeron... Tiramisú!! Primeiro leron a receita para saber os pasos que tiñan que seguir, prepararon os ingredientes, e puxéronse mans á obra. Cando xa estaba rematado houbo que deixalo ata o día seguinta na neveira para que arrefriara ben e por fin ao día seguinte.... Xa a puideron degustar. Estaba exquisito. Non sobrou nadiña! Aqu´vos quedan unhas fotos e un vídeo da actividade.


VISITA Á BIBLIOTECA A PONTE

 O xoves 18 de maio os nenos e nenas de segundo de primaria fixeron unha visita á biblioteca do barrio da Ponte, onde pasasron un rato moi divertido e agradable. Recibiunos Sonia, que nos atendeu moi ben e nos contou como funciona a súa biblioteca e que alí tamén podemos tomar libros en préstamo. Despois dous compañeiros seus léronnos o conto de "Os Bolechas van á biblioteca" no Kamishibai. Estivemos moi atentos! Despois puidemos curiosear pola biblioteca e ler os contos que máis nos chamasen a atención, e xa para rematar fixemos un xogo de contar historias. Pasámolo xenial. Aquí vos quedan algunhas fotos.







domingo, 14 de maio de 2023

II OBRADOIRO DO CÓMIC 2023

 O venres chegou ao noso cole unha maleta viaxeira chea de libros de banda deseñada que nos vén estupendamente para complementar o II Obradoiro de cómic iniciado o curso pasado e que tivo moi boa acollida polo alumnado polo que este ano lle damos continuidade. A forma de participar é moi sinxela. Collede unha das plantillas na biblioteca que máis vos guste e... a crear! Tedes dúas opcións coller unha plantilla baleira e facer a historia desde cero ou coller calquera das que xa están debuxadas pero nas que vós teredes que inventar o texto. O tema ten que tratar sobre as vacacións de Leo e a visita aos diferentes países durante o verán. Todos os que participen terán un pequeno agasallo. O prazo de entrega é do 18 ao 2 de xuño. Con todas as propostas recibidas faremos un novo libro para a biblioteca. Animádevos a participar!



 
















Aquí podedes ver e imprimir se necesitades as plantillas do obradoiro.
Plantilla baleira

Mexico

Brasil

Italia

Exipto

Países Baixos

Francia

Reino Unido

Australia

Xapón

Estados Unidos





Día da Educación Física na Rúa

 O 26 de abril o noso cole sumouse por segundo ano consecutivo á celebración do Día da Educación Física na Rúa. Para celebralo todo o cole realizou unha andaina dende o cole ata o centro de Seixalbo e unha vez alí, na praza da Infesta cada curso realizou as coreografías que durante semanas estiveron a preparar coa profe Marta. Cada unha destas coreografías estaban relacionadas co país que se está a traballar en cada un dos cursos dentro do PDI deste ano "Recordos na maleta". Ao rematar todos xuntos fixemos unha forografía para reivindicar máis educación física. A continuación podedes ver algún dos bailes realizados.

 





venres, 12 de maio de 2023

Menú Xaponés!

 Esta semana tocou no comedor menú xaponés. Estaba composto por un rico arroz con tortilla, xamón e edamame e de postreeee... biscoito de te matchá. Grazas ao equipo do comedor escolar por colaborar desde o primeiro minuto co noso PDI facendo menús especiais de cada un dos países que estamos a traballar.