domingo, 23 de abril de 2023

Próximo menú especial Paises Baixos


Pois esta semana tamén temos menú especial. Tocaaaaa..... Países Baixos! Aquí vos deixamos o cartel anunciador. 

MENÚ FRANCÉS

Este venres 21 de abril o persoal de cociña deleitounos cun rico menú francés composto por unha vichyssoise de primeiro prato e unhas creps de xamón e queixo como segundo prato. Os menús especiais sempre crean expecación entre os usuarios do comedor que están moi atentos cada vez que toca un deles. Tamén desta vez cumplíronse todas as expectativas. Estaba todo riquísimo!

sábado, 22 de abril de 2023

RETO PONTE RIALTO

 Nas clases de cinco anos seguen a traballar cada día sobre Italia. Seguro que vos sorprenderían as cousas que aprenderon sobre este país. Desta vez coñeceron a Ponte de Rialto e logo tiveron que superar un reto. Apareceron uns sobres para cada neno e nena cun puzzle que podían construír unha vez que fosen quen de ordear as letras do monumento que lles dixo o encargado do día: A Ponte de Rialto. Así pois, un a un foron ordenando as letras para formar o seu nome e unha vez conseguido podían facer o puzzle coa fotografía dese coñecido momnumento italiano. Pasárono xenial!



REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE QUINTO

O mércores 19 de abril o noso Leoclub de quinto volveuse reunir para seguir coa lectura do libro "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas. Falaron un ratiño sobre el e logo fixeron unhas actividades en equipo.






A EMBAIXADA DE ITALIA NOS SAÚDA

Que alegría!! tamén Italia contacta connosco e nos envía información dese bonito país mediterráneo. Os nenos e nenas de cinco anos que son os que están a aprender moito de Italia, xuntáronse no patio para abrir o sobre que chegou e ver o que había dentro. Nas seguintes fotos podedes ver o que recibimos.



                                  








xoves, 20 de abril de 2023

RECIBIMOS RESPOSTA DA EMBAIXADA DE FRANCIA!

 Que alegría máis grande cando fai uns días recibimos un sobre con información e revistas sobre Francia. Abrímolo con moita curiosidade por ver  que podería haber dentro e atopamos unhas revistas e folletos de diferentes lugares de Francia. É moi emocionante recibir correo postal, hoxe en día que todo é instantáneo e vivimos nun mundo dixital. Agora leremos as revistas para ver que cousas interesantes podemos descubrir e parender sobre Francia!











Creando contido sobre Australia

 Elian e Unai, dous compañeiros de quinto crearon esta presentación sobre Australia moi interesante! Fíxadevos! Primeiro hai unhas páxinas de información sobre moitos aspectos de Australia e ao final....

UN XOGO!! Non deixedes de vela!

martes, 18 de abril de 2023

Día do Libro 2023


Dende o equipo de Biblioteca propoñemos a seguinte actividade con motivo da celebración do Día do Libro  para todo aquel que queira participar. Queremos facer entre todos un "Diario de Viaxe 2022- 2023". Para elo haberá que facer unha montaxe onde aparezades lendo un libro que vos guste nalgún lugar do país que esteades traballando este ano. Podedes aparecer sós ou con alguén da familia ou compañeiro/a. Logo insertades un texto no que escribades algo a modo de diario relacionado coa fotografía (lembrade que sexa en galego). Colocade ese cadro onde vos guste. A montaxe pode ser máis realista ou máis disparatada (por exemplo alguén pode estar lendo enriba da Torre Eiffel). As opcións son infinitas! Todas as imaxes que recibamos publicarémolas no blog. Enviade a imaxe final (mellor se é formato JPG) a este correo:

bibliotecaseixalbo@gmail.com

O neno/a que o prefira pode traer a idea pensada e axudarémoslle a facela nos recreos na biblioteca.

O prazo remata o 30 de abril

Deixámosvos algunhas ideas para que vexades a idea que se propón. E tamén vos deixamos unha pequena guía por se a alguén lle resulta útil para facer a montaxe.


luns, 10 de abril de 2023

A margarida, flor nacional de Italia

Canto están a traballar os nenos e nenas de cinco anos sobre Italia. Cada día aprenden cousas novas. Esta vez tocoulles aprender que a flor nacional dese país é a margarida, e que foi elixida porque era a flor favorita dunha raíña chamada Margarita de Saboya. Pois non podían deixar de aproveitar a oportunidade de sementar margaridas!! Xa non van a esquecer máis que esa flor é a flor de Italia, ese país sobre o que levan investigando un ano enteiro! A continuación todas as fotos da actividade.