luns, 20 de marzo de 2023

Obradoiro de "Xogo de fíos"

 A nosa biblioteca hoxe contou cunha visita moi especial; Lorena Quintas, unha artista que se adica a pintura a pesar da artritis que padece e que lle provocou a reducción da súa movilidade así como cegueira. Fai nove anos que a súa vida cambiou despois de perder a visión , pero atopou unha paixón artística e unha forma de vida: a pintura con fíos. As súas mans actúan agora como antes o facían os seus ollos. Hoxe estivo na nosa biblioteca realizando un obradoiro sobre esta técnica coa que os nenos e nenas fixeron os sus debuxos relacionados co país sobre o que están a investigar. Crearon Koalas, canguros, tulipáns, bandeiras...  Grazas Lorena!! Hoxe aprendemos moito de pintura con fíos, pero tamén nos diches unha lección de paciencia e de superación.   Aquí tedes algunhas fotos da actividade.





xoves, 16 de marzo de 2023

Semana da Poesía Marzo 2023

Mañá comezaremos a recoller os poemas que preparastes ao longo da semana pasada na casiña sobre os países que estades a traballar no PDI para facer con eles un libro de poesías e regalarllo a nosa mascota Leo, para ver se con eles tamén recupera a memoria. Iremos poñendo aquí algúns deles e cando teñamos o libro preparado poderédelo consultar e desfrutar na biblioteca! 

Aquí están os vosos poemas! Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo. Como podedes ver hai de todos os países que estamos a traballar! Leo estará encantado cando estean todos xuntiños na biblioteca. Iremos incorporando os que faltan. Sodes uns artistas!

 

Xa está lista tamén a exposición de libros sobre poesías para que poidades consultar todos os que queirades!

O luns, os nenos e nenas de cinco anos comezarán o seu recitado de poesías polas aulas do resto de Infantil, primeiro e segundo. Ao longo das horas de ler de toda a semana as dúas clases de sexto de infantil irán polas diferentes aulas recitando poemas de Antonio García Teijeiro sobre a lúa, ese enigmático corpo celeste común a todos os países do mundo! Esta é a distribución horaria. Estade atentos porque iremos poñendo aquí algún vídeo ou foto da actividade!

Aquí están os primeiros recitados de poesías. Nenos e nenas de 5 anos recitando aos compañeiros /as de tres anos. Mirade que ben o fixeron!

 
A lúa protagonista dos poemas de Antonio G. Teijeiro

 
6º Infantil A recitando aos nenos de 5º de Infantil
6º Infantil A recitando a 5º de Infantil
E neste vídeo os máis pequenos do cole tamén fan a súa homenaxe á poesía. Como xa rematou o inverno, adícanlle o seu poema a esta estación que marcha!

A vindeira semana do 20 ao 24 de marzo temos varias actividades programadas para conmemorar o 21 de marzo o Día da Poesía. Non imos desvelar todavía nada... De momento deixámosvos o cartel invitándovos a que visitedes a biblioteca nos recreos... Iremos poñendo aquí fotos da actividade!

Xogando cos versos na biblioteca

Xogando a ordenar os versos de poemas de Antonio García Teijeiro

                         

FORMACIÓN DE USUARIOS

Se a rapazada de cinco anos que sempre estaba desexando ir á biblioteca, agora que xa saben como se fai o préstamo no ordenador.... Nin vos imaxinades o maiores que se sinten! Ademais a atenta mirada do noso amigo Leo facía que se tomasen o reto moi en serio. Pero todo resultou moi fácil, Só había que poñer o número do noso carnet nun cadriño e o número que ten o libro escrito a lapis nunha esquina noutro cadriño. Xa case somos expertos!




                             

SEMENTANDO TULIPÁNS, SÍMBOLO DOS PAÍSES BAIXOS

 Os nenos e nenas de 2º que están a investigar sobre Os Países Baixos, descubriron que o tulipán é unha flor típica de alí e que é un dos seus símbolos. Por ese motivo no mes de novembro sementaron nunhas xardineiras unhas poucas semetes de tulipán para ver se conseguían que medrasen. Saben que se sementan nese mes e que soen florecer sobre marzo ou abril aproximadamente. Pois fixádevos que ben o fixeron e con que cariño os coidaron que xa temos os primeiros tulipáns lucindo na ventá. 




Mirade que bonitos están agora no mes de marzo!! 
                                        





En xaneiro comezan a asomar as primeiras puntiñas. Que ilusión! Parece que todo vai ben!

Mes de novembro sementando tulipáns de diferentes cores. Importante misión por diante: regalos e coidalos!

mércores, 15 de marzo de 2023

VISÍTANOS INMA SOTO, AUTORA DO CONTO "XELA"

 Hoxe as nenas e nenos de 3º tiveron unha visita moi especial! Estiveron con Inma Soto, que escribiu un conto cheo de aromas tamén especiais, porque arrecende a natureza, a flora e fauna, pero da nosa!!, da que temos aquí pretiño pero que non sempre valoramos. E ademais non veu soa, nooon...! Trouxo un montón de amigos: a vaca Marela, o merlo, o esquío, o corzo, o pica peixe, o peto, a xoaniña, a curuxa, a píntega, a ra etc.... Contoulles tantas cousas e aprenderon tanto que non a esquecerán. Faloulles da lingua do peto, da curuxa, do río, da fraga, da horta, do carballo e moitísimas cousas máis...

E ademais contoulles a historia de Xela, unha nena que vive na aldea e que é unha superheroína. Un conto que pon en valor o entorno rural e que nós mesmos temos a sorte de ter ao noso redor.
Grazas Inma pola túa visita e por amosarnos que somos tan afortunados coma Xela. Pasámolo xenial!!
E como non, antes de marchar asinou o noso conto de "Xela" da biblioteca e fixo unha foto con Leo. Xa formas parte do noso libro de visitas especiais!


!

Aires de Holanda

O xoves 9 de marzo, os alumnos de segundo que están investigando sobre Os Países Baixos, recibiron unha visita moi especial: Kevin, que é precisamente de alí, aínda que agora reside en Ourense. O primeiro que lles chamou a atención foi a súa altura, porque mide 2m e tres centímetros, e claro, esa altura deunos a pista para saber que é xogador de baloncesto. Contounos moitísimas cousas deste país e ata lles falou en neerlandés! Todo un luxo! E se iso non fose suficiente, convidounos a un postre típico de Holanda. Unha riquísma torta de pasas e mazá que el emo fixo, porque lle encanta a repostería. Toda unha experiencia para eles. Grazas pola túa visita Kevin!




mércores, 8 de marzo de 2023

Nova sesión do club de lectura de 5º

 Hoxe volveuse reunir o LeoClub de 5º para dar comezo a unha nova lectura: "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas que xa leron os outros dous LeoClubs. Como actividade de introdución/motivación cada un inventou un personaxe fantástico co seu propio nome e cunha labor determinada que realizar na biblioteca. Foi así como xurdiu "Ilumini" cuxa misión é iluminar a biblioteca para que ninguén teña que forzar a vista, ou "O Monstro fantasma" con brazos elásticos para coller os libros máis altos, ou tamén "Sombra Negra" que mantén limpa a biblioteca co seu poder de absorción... Unhas ideas fantásticas e moi ocorrentes!

martes, 7 de marzo de 2023

8M: VIAXANDO POLA IGUALDADE E EXPOSICIÓN MULLERES POLA CIENCIA

Non podiamos celebrar de mellor xeito o 8 M que falando, descubrindo e aprendendo o que fixeron algunhas mulleres destacadas nos diferentes países que estamos a traballar en cada aula dentro do PDI "Recordos na maleta". Dar importancia e poñer en valor o traballo e aportacións de moitas mulleres ao longo da historia axuda a fomentar o respeto e a igualdade de xénero e que haxa tamén referencias femininas para o noso alumnado. Por ese motivo cada curso investigou sobre unha muller do país que está a traballar. Co material realizado fixemos un gran mural na entrada ao centro, todo grazas a iniciativa do Equipo de Convivencia.















Na clase de 5 anos A quixeron facer unha homenaxe a todas as mulleres que inciden na súa aula tanto alumnas coma profesoras e no taboleiro que está á entrada da clase puxeron todas as fotos con adxectivos que as definen.
 Tamén na clase de terceiro prepararon un traballo sobre mulleres galegas que titularon "Mulleres galegas que abriron camiño".


Con motivo desta celebración durante quince días contamos cunha exposición de carteis titulada EXXPERIMENTA EN FEMININO. Trátase de 14 pósters distribuídos polos diferentes corredores do centro sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. De cada protagonista podemos ler cales foron as súas aportacións e os premios e recoñecementos que recibiu. Con ela preténdese que o alumnado poida coñecer a presenza feminina nestes campos, instaurándose así novos modelos femininos. Durante estes días o alumnado percorre o centro buscando información nos distintos paneis que logo comentan,








E como non, a música do timbre tamén está adicada as mulleres. Esta semana sona: "Nais e avoas" de Pauliña, do seu disco "A Malfalada"