sábado, 29 de outubro de 2022

Moitas actividades polo samaín!

 Coa chegada do samaín foron moitas as actividades que se levaron a cabo no noso cole:

A entrada á biblioteca engalanouse cunha exposición de libros terroríficos....


Os nenos e nenas de infantil gozaron dun recuncho de samaín onde xogaron e leron moitos contos.





Tamén na biblioteca se leron contos de bruxas á luz da lúa!











E como non!, tamén nas clases se leron contos de medo á luz do candil!


O máis sorprendente foi a vista de dúas bruxas: Cuca do Brasil e Lucrecia de México. Estaba prevista tamén a visita de Befana, unha bruxa italiana pero ao non poder asistir enviou unha carta en italiano dando explicacións.
 A visita das bruxas era por un motivo solidario: facer un conxuro a Leo, a nosa mascota da biblioteca (en realidade dous conxuros, un do Brasil e outro de México) e intentar que éste recuperase a memoria. Non o conseguiron, asique os nenos e nenas do colexio terán que seguir estudando sobre os países que lles tocaron para que Leo recupere a memoria.
 

Tamén se fixeron fotos no photocall que se preparou en plurilingüismo...
E grazas as familias puidemos realizar unha exposición de cabazas aberta ao público no salón de actos decoradas según os países que se están a traballar no PDI. Foron verdadeiras obras de arte o que aportaron facendo que a exposición fose única e inigualable. Non quedou ningún país sen representación e a imaxinación e creatividade saltan á vista!

Grazas familias pola vosa colaboración!















Neste vídeo recóllense algunhas destas actividades!

mércores, 26 de outubro de 2022

Club de lectura en marcha!

 Hoxe por fin tivo lugar a primeira reunión do club de lectura que se forma por primeira vez no noso cole. Este club está formado por tres grupos, xa que houbo moitos nenos que quixeron beneficiarse desta experiencia que estamos seguros que será moi positiva e proveitosa. Ao ser o primeiro día xuntámonos todos para facer unha presentación e escoller os primeiros libros que imos ler. O grupo de 3º e 4º escolleu "Conexión macarrón" de Ledicia Costas. O grupo de 5º "Escarlatina, a cociñeira defunta"  de Ledicia Costas, e o grupo de 6º decantáronse por outro de Ledicia Costas titulado "Vampira de biblioteca". Houbo agasallos de benvida para todos e marchamos cun doce sabor de boca polo ratiño tan agradable que pasamos que nos soubo a moi poco!


Apertura nos recreos da Biblioteca

 Onte, despois de celebrar o Día da Biblioteca, comezamos a abrir a biblioteca no recreo coma un espazo de ocio e lecer máis no que os nenos e nenas poden ler, xogar a xogos de mesa ou de ordenador, colorear e participar nas actividades que se oferten de cando en vez. A resposta foi moi positiva e houbo moitos que non se quixeron perder esta oportunidade. 






luns, 24 de outubro de 2022

Día da Biblioteca. Presentación do PDI "Recordos na maleta"

     Hoxe 24 de outubro foi un día moi especial para todos nós. Celebramos o Día das Bibliotecas cun acto conxunto no salón de actos. Esta é a primeira celebración que facemos todos xuntos este curso, e con ela póñense en marcha moitas actividades como a apertura da biblioteca nos recreos, os tres clubs de lectura ou a investigación que cada clase vai realizar sobre un país para axudar a Leo, a nosa mascota da biblioteca,  a recordar todo o que esqueceu nas vacacións de verán por culpa dun accidente que tivo ao voltar e caerlle un libro dun andel na cabeza , o que lle provocou amnesia.

Para celebrar este Día da Biblioteca, cada clase presentou ao resto de compañeiros o país sobre o que vai investigar. A verdade é que foi unha hora e media moi entretida na que xa aprendemos moitas cousas. Houbo de todo: música, adiviñas, lendas, curiosidades, etc...

Tamén no taboleiro da entrada á biblioteca están expostas  fotografías das diferentes bibliotecas dos países que estamos a traballar que se buscaron nas diferentes aulas.

Na entrada ao salón de actos estaban expostos os libros e xogos sobre os países que van estar na biblioteca e que nos van servir para aprender moitas cousas.



O acto o presentaron Laura e Lisardo de Sexto. Moitas grazas rapaces. Fixéstelo xenial!!!


Os nenos de 4º de Infantil contáronnos que van  aprender cousas sobre Mexico cunha música mexicana moi pegadiza.
Os nenos e nenas de 5º de Infantil investigarán sobre Brasil e para anunciárnolo a todos contáronnos unha bonita lenda tradicional dese país. 


En 6º de Infantil están traballando sobre Italia, polo que prepararon unha rica pizza ao ritmo dunha tarantela. E como xa son moi expertos atrevéronse cunha canción en italiano!



Exipto foi o elixido polos nenos de primeiro para viaxar. Para presentalo cantaron unha canción e contáronnos cousas que xa foron aprendendo.

Os nenos de 2º presentáronnos o seu paíse elixido, Países Baixos, contándonos cousas moi interesantes.

Chegamos a terceiro de primaria que este ano aprenderán cousas de Francia polo que ao ritmo da Marsellesa contáronnos cousas sobre ese país e retáronnos a acertar unhas adiviñas.

Reino Unido foi o destino elixido polos nenos e nenas de 4º de primaria que fixeron a seguinte presentación do seu país:

Os nenos de 5º de primaria contáronnos moitísimas cousas de Australia. Aquí está a súa presentación...


E fáltanos un exótico país como é Xapón que nos presentaron os nenos e nenas de sexto de primaria.


Os cursos de 1º, 2º e 3º de primaria nas súas clases de inglés tamén van a ivestigar e aprender cousiñas sobre Estados Unidos. Aquí está a súa presentación.


Axudantes preparados!

Hoxe é un día especial porque é o Día das Bibliotecas e aproveitando esa data os nosos axudantes da biblioteca prepáranse para comezar a colaborar nas tarefas da biblioteca durante os tempos do recreo. Mañá será o primeiro día e xa temos todo preparado. Os nosos carnets, así como o contrato firmado onde nos comprometemos a cumprir coas nosas responsabilidades como axudantes de biblioteca, unha labor fundamental que abordamos con moita ilusión.