xoves, 8 de setembro de 2022

XA ESTAMOS DE VOLTA!! Case....

    Non viamos o momento de estar de novo con todos vós, e hoxe por fin chegou o gran día! Que alegría recibirvos a todos coas mochilas cheíñas de moitas ganas de aprender e pasar ratiños superdivertidos xuntiños. Preparádevos porque este ano a biblioteca ten preparadas lindas sorpresiñas que esperemos vos gusten a todos. Ademais faremos incribles viaxes polo mundo adiante, ide preparando a maleta! O que aínda non estaba preparado era Leo! Este pillabán, cando hoxe o fomos buscar á biblioteca para pasar polas aulas saudarvos, estaba todavía co bañador posto!! Menos mal que grazas ás vosas palabras e consellos conseguimos quitarllo e agora xa está desexando que o vaiades visitar a biblioteca. Estas vacacións andivo polo mundo adiante e seica ten moitas cousas que contarvos. Non vos pica a curiosidade? 
    Xa temos as bibliocaixas preparadas para que as poidades levar as aulas cheas de tesouros e os vosos carnets listos para que nuns días poidades comezar o préstamo! Benvidos a esta nova viaxe!