venres, 8 de xullo de 2022

MELLORAS NA BIBLIOTECA

 Aproveitando que os nosos lectores xa están de vacacións, quixemos facer algúns cambios e melloras na biblioteca. O obxectivo era optimizar o espazo, gañar luz,  facela máis cómoda e accesible a todos os nenos e nenas e non gastar diñeiro. Aínda quedan moitas cousas por facer, pero cremos que xa conseguimos moitas outras. Esperamos que vos gusten os cambios. Vémonos en setembro, agora sí que pechamos por vacacións!!