martes, 28 de xuño de 2022

O PODER DA LECTURA NO VERÁN

Non queiamos rematar este curso sen deixarvos algunhas propostas de lecturas para o verán. Aquí tedes os dípticos que levastes para casa para que poidades velos en calquera momento. Non olvidedes meter algún libro na vosa maleta das vacacións. Vémonos á volta!

LIBROS PARA A MALETA DAS VACACIÓNS DE INFANTIL





LIBROS PARA A MALETA DAS VACACIÓNS DE PRIMARIA

mércores, 8 de xuño de 2022

Un cómic que nos fai reflexionar

 Queremos destacar dende aquí o traballo realizado por Ana e Manuela de 6º B na creación do seu cómic. Unha historia moi conmovedora moi ben contada e ilustrada. Convidámosvos a todos a que a desfrutedes.




FANTÁSTICOS CÓMICS

 Queremos agradecer todo o traballo realizado en torno a actividade do cómic. O resultado é incrible con obras realmente fantásticas cheas de inxenio, creatividade, valores, sensibilidade, humor, etc... Leo está abraiado ante tanto talento. Por iso quixemos facer unha exposición de todos eles para que sexan contemplados por todo o que pase por diante deles. Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Moitas grazas a todos!