martes, 29 de marzo de 2022

PAREADOS DA ACTIVIDADE "TOC TOC, QUEN ESTÁ RIMANDO?"

 Aquí vos deixamos os pareados que escribistes na actividade "Toc toc, quen está rimando?" con motivo do día da poesía. Non deixedes de lelos, están xenial! Moitas grazas pola vosa participación. Leo non se olvida do pequeno agasallo que vos prometeu. Nuns días volo levará a clase, así como tamén un libriño no que se recollen todos os vosos pareados. Esperamos que vos guste.

xoves, 24 de marzo de 2022

Visita de Xavier Dominguez

 Foi un luxazo contar no noso cole coa visita de Xavier Domínguez creador de títulos como a colección de "Naturizo" ou "Fronteiras de papel". As súas mensaxes non deixan a ninguén indiferente. Pois os nenos e nenas de terceiro tiveron o pracer de contar coa súa presenza xa que están a traballar o seu libro "Fronteiras de papel" que reflicte unha historia tan dolorosa coma real. Coñecer ao seu autor e realizar diferentes actvidades foi a mellor das experiencias que podían vivir despois do traballo na aula. Grazas Xavier pola túa visita. Foi impresionante!








martes, 15 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

TOC, TOC QUEN ESTÁ RIMANDO?

Hoxe 21 de marzo hai varias celebracións marcadas no calendario: a chegada da primavera, o día internacional da cor, a síndrome de Down, o Día da Poesía.,... Dende a biblioteca de Seixalbo queremos resaltar esta última e por iso Leo vos invita a participar na elaboración dun poema entre todos. Os primeiros versos xa os escribiron Leo e algunhas profes, vós só tedes que continuar.... 

Como facelo?

- Pinchade na imaxe e abrirase unha páxina na que teredes que escribir o voso nome e curso e máis abaixo, ao final de todo escribiredes os vosos versos nos que fagades unha rima co voso nome. Ten que ser en galego! Mirade os exemplos que xa están escritos para facervos unha idea. Podedes pedir axuda na casiña!

Que pasa despois?

- Nuns días expoñerémolos todos na biblioteca para que os vexades.

- Só por participar Leo daravos unha pequena sorpresiña.

ANIMÁDEVOS! 


OS POEMAS QUE ESCOITASTES NA CLASE!! E FOTOS DESES MOMENTOS


Expositor con libros de poesías

Novidades de marzo

 Aquí vos deixamos algunhas das novidades do mes de marzo.










mércores, 9 de marzo de 2022

CONTACONTOS O RATIÑO PRESUMIDO

 Con motivo do Día da Muller os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria desfrutaron dun contacontos moi divertido, titulábase "O Ratiño presumido" no que se trataban os roles de xénero e co que se fomenta a igualdade de xénero. Pasárono xenial!












luns, 7 de marzo de 2022

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Entre todas as clases e en colaboración co Equipo de Convivencia realizamos un bonito mural no que elaboramos un arco da vella dentro do noso proxecto "Alucinando cores". En cada unha das cores pegamos adxectivos cualificativos referidos ás mulleres. Relacionada con esa actividade fixéronse moitas máis actividades. Mirade as fotos para comprobalo!  Tamén vos deixamos aquí o vídeo dun conto  no que se recolle a importancia de afrontar o mundo das cores desde unha perspectiva de xénero diferente á norma establecida. 

Aah! e xa temos o noso expositor con libros relacionados con esta data para que os teñades localizados e os poidades ler.













Expositor de libros sobre a muller

domingo, 6 de marzo de 2022

A mascota Leo divírtese no cole

 A nosa mascota Leo viviu unhas semanas moi intensas e divertidas.  Andivo de visita nas distintas aulas dos nos@s alumn@s, chegou a disfrazarse, seguindo os mandadiños do meco para o entroido e, mesmo marchou no pasarrúas por Seixalbo...Ollade as imaxes e veredes que ben o pasamos todos xuntos!

Participou no xogo de tiralas olas 
cos nen@s de quinto de infantil.
Na clase de sexto de infantil disfrutou na hora de ler.

Estivo lendo no patio.












Compartiu momentos de xogo na aula.




E tamén aproveitou momentos de xogo no patio.

Colabou na realización do mural conmemorativo
a Rosalia de Castro.
Víu o disfraz de Felo, típico da vila ourensá de Maceda.
Foi botar unha ollada á clase de educación física. 


Particiou no desfile xunto ao alumnado de quinto.


venres, 4 de marzo de 2022

As revistas e xornais protagonistas

 Hoxe decidimos que os últimos números que vaian chegando das revistas e xornais aos que estamos subscritos estean expostos na entrada da biblioteca para que se vexan ben e non pasen desapercibidos. Así os máis despistados se decatan mellor da súa chegada!


xoves, 3 de marzo de 2022

Xornada de portas abertas na biblioteca

Hoxe a nosa biblioteca acolleu ás familias que pode que nun futuro sexan parte da nosa comunidade educativa. Celebramos unha xornada de portas abertas e para recibilas a biblioteca pareceunos o mellor  dos lugares. Alí lles expliacamos as nosas liñas prioritarias, proxectos, organización etc e Leo, a nosa mascota, presente tamén, agasallou a cada neno cun simpático nariz de diferentes cores. Grazas familias por vir a coñecernos!





Chegou o entroido "Alucinando cores"!

Despois de semanas traballando nos disfraces ao tempo que obedecíamos os mandadiños do meco e Leo visitaba as nosas aulas, por fin chegou o gran día! E así este ano o entroido xirou en torno ao noso proxecto "Alucinando cores", polo que cada curso elixiu un artista, xa que son os que mellor manexan as cores e con elas crean aunténticas obras de arte. Unha vez elixido o artista, puxémonos mans á obra e creamos auténticas marabillas. Fixádevos que disfraces tan orixinais! e como non podía ser doutra forma percorremos a localidade de Seixalbo nun desfile amenizado coa música da charanga BREXIT. Familas e veciños acompañáronnos neste día tan especial e colorido.

AQUÍ TODAS AS FOTOS DO ENTROIDO

Ata Leo,a nosa mascota se sumou á festa!

Frida Khalo
Modrian

Os Xirasoles de Van Gogh

As Meninas de Velázquez


Os pintores de Infantil

Roy Lichtenstein


"O ouro do azul" de Miró